Xbox Media Center (XBMC) está xa dispoñible para o sistema operativo GNU/Linux. Como xa
adiantara Mancomún, un grupo de desenvolvedores de XBMC leva traballando varios meses para que este reprodutor multimedia baseado en Software Libre, nun principio só soportado pola consola Xbox, traballe agora nos tres grandes sistemas operativos Mac, Linux e Windows.
XBMC pode reproducir música, vídeos e amosar imaxes que se atopan na unidade de DVD, o disco duro, unha rede local, unha memoria USB, e en Internet. Esta aplicación funciona tamén como un taboleiro de instrumentos de reemprazo para os xogos Xbox, ademais de incluir a administración de bases de datos para arquivos de música e vídeo, amosar boletíns meteorolóxicos e guías de TV, amosa videos de YouTube…
Máis información