Rematados os prazos marcados polo concurso organizado por Mozilla Lab, “Extend Firefox 3″, veñen de facerse públicas as extensións gañadoras, ou o que é o mesmo, os addons mellor valorados por Mozilla para o Firefox 3. Os premiados foron seleccionados entre máis dun cento de propostas procedentes de todo o mundo. Moitas delas están en estado inicial e experimental de desenvolvemento, non obstante Mozilla, segundo explica na súa web, comprométese a contribuir ao lanzamento estable das mesmas, dado o seu potencial.
A continuación reproducimos o listado de gañadores.
Mellores novas extensións
- Pencil de Dương Thành An: permite crear prototipos de interface gráfica. A súa única función é converter Firefox 3 nunha ferramenta para facer diagramas e crear prototipos de interface gráfica que calquera persoa poida usar.

- Tagmarks de Felipe Tassario Gomes: Aproveitando a mellora do Administrador de Favoritos de Firefox 3, con tagmarks podemos agregar etiquetas rapidamente aos nosos favoritos, facendo click nas iconas que aparecen na barra de enderezos.

- HandyTag de Rémi Szymkowiak– HandyTag axúdanos a etiquetas os nosos favoritos. Para iso a extensión ofrece posibles etiquetas para cada páxina (similar á función que xa ofrece delicious).

Segundos postos.
- Badges on Favicons– Extensión moi útil que engade avisos aos favicons nos nosos separadores. Por exemplo, con Gmail aberto nun separador, Badges permitiría ver cantas mensaxes non lidas existen. Todo isto no mesmo favicon!
- Devo– Devo é unha especie de atallo de teclado como buscador.
- Close ‘n Forget – Close and Forget pecha un separador, borra os cookies, e fai como se xamais tivésemos visitado unha páxina. Moi útil para navegar por páxinas que non queremos que queden rexistradas no historial.
- Callout – con Callout podemos facer uso do sistema de notificación do sistema operativo no que nos atopemos, para utilizalo con scripts de greasemonkey e páxinas web.
- Reasy – Reasy é un lector RSVP (Rapid Seriall Visual Presentation). Básicamente, amosa o texto palabra por palabra nun recuadro.
Mellores extensións actualizadas
- Read it Later de Nate Weiner – serve como intermediario entre os nosos favoritos, e as páxinas web. Para que salvar un artigo que imos ler unha vez e logo desbotar entre nosos favoritos?. Máis sinxelo é gardalo empregando read it later, e logo esquecerse del.

- TagSifter deChiisai Tsu – Un complemento para a barra lateral de Firefox cos nosos bookmarks, a cal nos permite navegar entre eles, vía tags. Similar á xa existente barra de bookmarks de delicious.

- Bookmark Previews de John Marshall – Bookmark preview é máis que nada un cambio de aspecto da nosa navegación entre bookmarks, copiando o look de “Cover Flow” que está dispoñible en Leopard e iTunes.

Mellor extensión “musical”

