Na páxina do GPUL (“Grupo de Programadores y Usuarios de Linux”) anúnciase o “GPUL Picnic 2008”:
“Por aquelo de que dous puntos trazan unha recta, este ano faremos tradición co segundo picnic estival do GPUL. O próximo sábado 23, ás 14:00 no campus de Elviña. Concentrarémonos en FIC, para ir coas empanadas, as tortillas e as tartas ao campiño entre o edificio de investigación e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
¡Esperámosvos! :-)”
Os antecedentes deste singular evento:
GPUL organiza o seu primeiro “GPUL picnic” nos arredores da Facultade de Informática da Coruña
