O goberno cántabro celebra a comezos de setembro a Party Cantabria.Net
Dende primeira hora da mañá e até ben entrada a tarde do sábado, os afeccionados ao mundo da informática que se acheguen até As Pontes poderán desfrutar dunha nova edición da Amigus Party Verán 2008. A pesar de pequenos incidentes iniciais coa rede, os problemas solventáronse con rapidez e xa a última hora do día os organizadores facían un balance máis que positivo, “estamos a desfrutar todos coma ananos”.
A xornada de hoxe apartará temporalmente o aspecto máis lúdico do encontro para dar cabida a unha intensa sesión de relatorios adicados ao Software Libre. Como xa informara Mancomún anteriormente, entre as 16:00 e as 20:00 horas sucederanse unha Presentación de Software Libre, a cargo de José Manuel Campello, un relatorio entorno a Solucións Libres de Xestión para PEMEs, impartido por Carlos Roca, e como colofón un percorrido polo servizos de rede ofertados por GNU/Linux e que poden ser de uso básico para unha empresa.
Os asistentes a esta sesión poderán intervir nun coloquio final expoñendo a súa opinión sobre o Software Libre, no referente á súa situación actual, aos ámbitos de implantación ou todo aquelo que xurda do debate.
A Amigus Party Verán está organizada pola Asociación Informática de As Pontes Amigus en colaboración co Concello das Pontes, o Grupo de Empresa de Endesa, Mancomún, o CESGA, a Consellaría de Innovación e Industria e Openor.
Party Informática Cantabria.Net
A Vicepresidencia do Goberno de Cantabria, a través da Dirección Xeral de Xuventude, organizou a ‘Party’ informática Cantabria.Net, que se celebrará do 4 ao 7 de setembro no Palacio de Exposicións de Santander.
Para esta festa están programadas numerosas actividades ás que poderá asistir gratuitamente o público que o desexe, sen límite de idade, até completar aforo.
A ‘Party’ comezará coa tradicional ‘Arrincada’, momento da conexión á Rede, previsto para o xoves, 4, ás 20:00 horas, e que este ano contará coa especial participación do grupo de hip hop SoulDealers, gañadores do primeiro Premio no Certame de Música Xove de Cantabria 2007, e que realizaron una innovadora posta en escena a base de robots.
Máis información: Amigus Party Verán 2008 e Juventud Cantabria.Net
