Gimp 2.6 será a próxima versión de Gimp que sairá case con toda seguridade durante o mes de agosto, aínda que durante este mes xa poderemos ter algunha beta para probar. Recordarvos que desde a versión 2.4 (decembro 2007) xa podedes desfrutar en galego desta estupenda ferramenta de edición de imaxes.
Desde o seguinte enderezo web http://www.gimpusers.com fan un repaso sobre as novas características desta versión incluíndo descricións e capturas de pantalla do mesmo.
Imos repasar algunhas destas novas características:
- A implementación do novo motor gráfico GEGL e cambios na interface…
O desenvolvemento de Gimp 2.6 está centrado sobre todo na implementación deste novo motor gráfico. Mentres que a maioría dos cambios non serán visibles polo maioría dos usuarios, outros pola contra si o serán:
Os menús duplicados tanto na ventá de aplicación como na ventá da imaxe desaparecerán. A partir desta versión, só se mostrará un menú na ventá de imaxe.
- Melloras na ferramenta de selección libre: engádese a posibilidade de seleccionar usando a edición libre e despois combinar esta selección con outras que fagas, de forma que poderás seleccionar formas libres con outras con formas poligonares.
- Novas características de usabilidade na ferramenta de texto: aínda non se sabe se chegarán a estar presentes na versión definitiva de Gimp 2.6, mais os desenvolvedores están traballando na mesma.
- Mellora na barra de estado da aplicación que agora nos dá moita máis información.
- Mellora na xestión das curvas, podendo gardar as túas curvas para aplicalas a outras imaxes.
- Soporte opcional de GEGL: poderás decidir se as túas imaxes se renderizarán usando o novo motor gráfico ou non.
http://www.gimpusers.com/tutorials/gimp-2-6-new-features.html
