Mancomún

Gran Canaria acollerá as xornadas Guadec e Akademy en 2009

Luns, 14 Xullo 2008

KDE e a Fundación GNOME anunciaron este fin de semana que as súas xornadas anuais, Akademy e GUADEC, terán lugar do 3 ao 11 de Xullo de 2009 en Gran Canaria. Devanditos eventos realizaranse por separado, pero ambos baixo os auspicios do Cabildo Insular de Gran Canaria e a súa Secretaría de Turismo, Innovación Tecnolóxica e Comercio Exterior.

Con esta resolución, Gran Canaria vén de gañarlle a partida á candidatura da Coruña presentada conxuntamente pola Universidade da Coruña, Igalia e GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux). Os desenvolvedores de KDE e GNOME valoraron a ubicación xeográfica de Gran Canaria, como punto de confluencia entre Europa e África, en detrimento da Coruña e a cidade de Tempere en Finlandia. 

A Coruña albergou a Guademy no ano 2007, sendo este o primeiro encontro estatal de GNOME e KDE xuntos no mesmo lugar. A pesar do grande éxito de organización, os antecedentes non foron suficientes para atraer nesta ocasión a organización de GUADEC e Akademy, eventos de maior envergadura a nivel internacional.

O alcance mundial destes eventos é indiscutible xa que congregan a desenvolvedores e empresarios de todo o mundo vencellados a dous dos grandes contornos de escritorio desenvolvidos en Software Libre, KDE e GNOME. 

Fonte: Canarias 24 horas
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal