Mancomún

Brasero lanza a nova versión estable 0.8.0

Luns, 14 Xullo 2008

Brasero, antes Bonfire, vén de liberar unha nova versión estable, a 0.8.0. Brasero é dunha ferramenta para gravar CD/DVD de datos e de audio, copiar CD/DVD, gravar imaxes ISO e borrar CDRW/DVDRW.

Esta nova versión introduce diferentes melloras como a incorporación dun editor de carátulas,  soporte para DL DVDs, nova documentación de axuda, soporte para OpenSolaris e FreeBSD, entre outras cousas. Ademais de correxir diferentes bugs da anterior versión.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal