Mancomún

Cenatic únese á II campaña contra o software sen licenza

Mércores, 1 Abril 2009

Visto na páxina do OSOR:

Cenatic , o Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en software libre, únese á campaña “Software Legal 2009” que arrinca hoxe, día 1 de abril. A campaña ten como obxectivos a redución das copias sen licenza de software. Nun comunicado Cenatic afirma que “o software libre fornece unha lexítima alternativa que respecta os dereitos dos seus creadores”.

O centro comenta que foi invitado a participar nesta campaña para fortalecer o coñecemento sobre a legalidade do software libre, “un tipo de software que pode ser libremente usado e distribuído e que fornece dunha alternativa ás aplicacións propietarias”.

Segundo Cenatic, máis e máis empresas españolas están incorporando software libre na súa liña de negocio: “Están sacando proveito das oportunidades de negocio que este sector está xerando. O número de empresas provedoras TIC especializadas en software libre está medrando, como son o caso de asociacións como ASOLIF, “Asociaciones empresariales de Software Libre Federadas”. “Estas asociacións teñen unha gran variedade de servizos, desde a instalación, integración, mantemento ou servizos legais, até prover todo tipo de servizos á administracións públicas.”

Sobre esta campaña, ASOLIF, e por consecuencia os seus socios, entre os que se encontra a asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL), fixo unha serie de consideracións:

6 consideracións de ASOLIF sobre a II campaña Software Legal

Máis información nas seguintes ligazóns:
Fonte orixinal da nova: http://www.osor.eu
Cenatic: http://www.cenatic.es/
ASOLIF: http://www.asolif.org/
AGASOL: http://www.agasol.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal