CodeKa é un software de facturación, terminal punto de venda (TPV) e control de almacén, deseñado especialmente para pequenas e medianas empresas. Desenvolvido en Estremadura, esta é unha nova versión do software Galopín presentado en 2004, e que mellora notablemente o rendemento e as funcionalidades deste, baseándose na experiencia acumulada dos propios usuarios do programa.
O seu funcionamento a través de contorna web permite o seu uso multiplataforma, tanto en sistemas Windows como GNU/Linux. O software foi desenvolvido en linguaxe PHP e utilizando como motor de base de datos MySQL…
Entre as principais funcións da aplicación están as seguintes:
- Xestión de Interlocutores comerciais [Clientes e provedores]
- Xestión de Artigos e Familias
- Xestión de Facturas e Albaráns dos clientes
- Xestión de Facturas e Albaráns dos provedores
- Vendas en mostrador [TPV]
- Xestión dos cobros e pagos [Tesouraría]
- Creación e configuración de códigos de barras
- Xestión de de copias de seguridade
- Listaxes en formato PDF
No portal www.codeka.net, ademais do programa para a súa descarga gratuíta, atópase a posibilidade de solicitar un CD-ROM coa aplicación, a documentación de axuda e todo o material adicional necesario para o seu correcto funcionamento. Na web tamén existe un foro para as consultas sobre o software. Tamén é posible contactar directamente cos desenvolvedores para solicitar melloras ou novas capacidades do programa.
