No seu propósito de facer extensible a tradución de software a calquera persoa, tanto do eido informático como allea a el, a Ciberirmandade da Fala vén de rematar a guía de “tradución de software na CIF”. Ademais, o colectivo fai un chamamento á colaboración para, segundo din, “podermos facer máis pola nosa lingua”.
Esta guía trátase dun manual online, construído sobre a plataforma Moodle da asociación, onde os iniciados á tradución de software poden coñecer detalladamente o procedemento para traducir de forma online a través do traduCIF, o tradutor Entrans habilitado pola Ciberirmandade da Fala.
Dadas todas estas facilidades, os membros do colectivo inivitan a toda a poboación a colaborar na localización de software. e inciden en que existen moitas formas de facelo adaptándose as capacidades técnicas de cada voluntario, indo dense a simple tradución de texto, até a relación con produtores de software ou mesmo a publicación de novas na web.
A Ciber Irmandade da Fala pon a disposición de calquera persoa a ferramenta de tradución traduCIF , así como foros de consulta e asesoramento.
