Barcelona acollerá do 15 ao 17 de xullo a primeira conferencia Internacional entorno o Software Libre como instrumento que favoreza a educación, a Free Knowledge, Free Technology Conference (FKFT), No encontro participarán uns 200 profesionais de administracións públicas, empresas, do sector pedagóxico e de ONG de todo o mundo.O congreso analizará, entre outros temas, as posibilidades de que as tecnoloxías libres contribúan a universalizar a educación, a abaratala e a aplicala, polo menos, na educación pública.
A FKFT realizarase no pavillón 5 de Fira de Barcelona Montjuïc, organizada polo Free Knowledge Institute e o proxecto europeo SELF, ao que pertence a Universitat Oberta de Catalunya (UOC), e que coordina o programador holandés Wouter Tebbens.
Tebbens explicou que un dos grandes obxectivos de SELF é a Plataforma do mesmo nome, que consiste nun portal similar ao de Wikipedia, para crear e compartir materiais educativos en liña. O proxecto, impulsado con axuda da Comisión Europea, xa está na súa primeira fase.
Fonte: EuropaPress
