Wallpapoz é unha aplicación que nos permite configurar diferentes fondos de escritorio para cada un dos espazos de traballo de GNOME. Ademais tamén nos permite configurar que o fondo de escritorio rote cada certo tempo entre os fondos que nos elixamos.
Wallpapoz prové a GNOME da funcionalidade que KDesktop fornece por defecto a KDE sen necesidade de instalar ningunha aplicación a maiores.
A aplicación está baseada en 2 programas. O primeiro deles é “wallpapoz” que é o programa de configuración onde eliximos os fondos de escritorio, cada canto tempo queremos cambialos, etc… Unha vez configurado o programa para lanzalo non teremos máis que executar o “daemon_wallpapoz”desde o propia configurador…
Páxina oficial do proxecto:
http://wallpapoz.akbarhome.com/
