Mancomún

OpenOffice.org adscríbese ao Consorcio Unicode

Martes, 29 Abril 2008

O OpenOffice.org vén de adscribirse ao Consorcio Unicode. Con esta afiliación OpenOffice.org non só se compromete a traballar sobre un código estándar senón a contribuir á súa difusión.

O Consorcio Unicode é unha organización non lucrativa fundada para o desenvolvemento, a ampliación e a promoción do emprego do Estándar Unicode, o cal establece a representación de texto en aplicacións e estándares de software actualizados.
 

Os socios do Consorcio representan un amplio espectro de corporacións e organizacións na industria da informática e da computación. Esta entidade está respaldada economicamente e de xeito exclusivo polas aportacións dos seus socios. A afiliación ao Consorcio Unicode está aberto a organizacións e individuos de todo o mundo.
 
O Consorcio Unicode é o responsable da especificación e expansión do conxunto de carácteres ISO/IEC 10646 (estándar internacional). Este é o conxunto dos diversos carácteres (letras, números, símbolos, ideogramas, logogramas, etc.) procedentes de moitas linguaxes, scripts, etc así como das diversas tradicións de puntuación existentes en todos os idiomas do mundo. A inclusión de novos carácteres a este estándar é constante facendo que o conxunto este permanentemente actualizado. 
 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal