Para axudar aos desenvolvedores a auditar a seguridade das súas aplicacións web, Google liberou unha ferramenta chamada ratproxy.
ratproxy está deseñada para funcionar entre o teu navegador web e a aplicación que queiras testear e enfocado principalmente á Web 2.0 e aplicacións AJAX. Incluso ten un compoñente opcional para comprobar contido de Adobe Flash. Unha vez que acabamos de probar a nosa aplicación usando ratproxy podemos indicarlle tamén que nos faga un informe en HTML.
A continuación indicaremos como instalar ratproxy e configuralo para testar a web que desexemos…
Para compilar ratproxy, desde a liña de comandos e cun simple, xa temos compilado ratproxy:
fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ make
cc ratproxy.c -o ratproxy -Wall -O3 -Wno-pointer-sign -D_GNU_SOURCE http.c mime.c ssl.c -lcrypto -lssl
A maneira máis sinxela de executar ratproxy é facéndoo cos parámetros por defecto recomendados. O parámetro “-d” indícalle a ratproxy que só execute os test nas URL do dominio especificado (no noso caso mancomun.org), de maneira que evitará testar accidentalmente webs enlazadas a través de imaxes ou publicidade na nosa web.
fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ ./ratproxy -v /tmp/ -w ratlog.txt -d mancomun.org -lfscm
ratproxy version 1.51-beta by
[*] Proxy configured successfully. Have fun, and please do not be evil.
[+] Accepting connections on port 8080/tcp (local only)…
Se ves a mensaxe “Accepting connections”, isto indica que ratproxy está funcionando no teu computador e no porto 8080. Polo tanto deberás configurar o teu navegador para que use o proxy en localhost e no porto 8080.
O seguinte paso será conectarse á aplicación web que queiras testar e interactuar con ela de xeito habitual. Proba todas as características e visita todas as túas páxinas mentras ratproxy observa e executa tests. Cando remates, pecha o navegador e despois ratproxy con Ctrl-C.
Para obter o informe en formato HTML, so terás que executar:
fjrial@pcfjrial:~/Desktop/ratproxy-1.51/ratproxy$ ./ratproxy-report.sh ratlog.txt > informe_mancomun.html
Máis información:
http://code.google.com/p/ratproxy/
Fonte orixinal do artigo:
http://www.linux.com/feature/142675
