Os desenvolvedores de aMSN, emesene e pymsn, tres clientes de MSN Messenger ou Windows Live Messenger para GNU/Linux, decidiron xuntar os seus esforzos para crear o que no futuro se chamará aMSN2.
O núcleo da versión de aMSN instalada agora en boa parte dos ordenadores con sistema operativo GNU/Linux estaba feito nunha linguaxe de programación chamado TCL/TK e pasará a estar feito en python. O equipo de pymsn encargarase diso.
No que respecta á interface, tamén haberá cambios. Haberá unha versión distinta para cada contorno de escritorios, co obxectivo de que a interface se adecúe mellor. Haberá unha para KDE, desenvolvida en Qt, unha para GNOME, desenvolvida en gtk e unha para Enlightenment, desenvolvida en EFL.
Os programadores de aMSN2 puxeron a disposición de calquera persoa interesada un vídeo no que se mostra o avance do seu traballo.
