Mancomún

Atheros libera o seu driver WiFi para Linux

Martes, 29 Xullo 2008

AtherosUn dos principais fabricantes de chipset para tarxetas WiFi, Atheros, vén de liberar o seu novo driver ath9k baixo unha licenza ISC. A vindeira inclusión no kernel suporá a normalización definitiva para todas as tarxetas Atheros IEEE 802.11n correndo en Linux.

Esta liberación supón un paso máis cara á apertura do usuario final a tecnoloxías abertas, posto que antes resultaba complexo o uso de tarxetas WiFi en distribucións Linux ao manterse os drivers de xeito propietario. Con esta liberación poderanse obviar os traballos de enxeñería inversa e prescindir do traballo de grupos de software libre como Madwifi, adicados a desenvolver drivers para tarxetas fabricadas por Atheros.

Moitos produtos empregan este driver. Entre eles:

Belkin’s N1 Wireless Notebook Card;
D-Link’s RangerBooster;
Linksys’ WPC e WMP;
NEC’s WL300NC;
Netgear’s WNHDE111 Video Bridge e WN711

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal