Unha ferramenta de Software Libre substenta a nova plataforma multimedia de comunicación científica, de carácter público e ámbito estatal, denominada Servizo de Información e Novas Científicas (SINC).
Esta iniciativa foi concebida pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) co obxectivo de incrementar a presenza de informacións científicas de calidade nos medios de comunicación como vehículo para achegar a ciencia á cidadanía. Agora, despois duns meses en marcha, a plataforma funciona xa ao 100%.
A aplicación tecnolóxica desta nova plataforma construíuse sobre un xestor de contidos en Software Libre, EZ Publish, que permite grandes fluxos de traballo. Nela, coexisten unha parte pública e outra de acceso restrinxido para xornalistas.
Na parte pública, calquera usuario do portal pode acceder a seccións como: Novas, Reportaxes e Entrevistas, Tribuna, Axenda ou Galería Multimedia.
O contido de acceso restrinxido, dirixido dun modo específico a xornalistas, abarcará dende noticias en exclusiva con embargo, até alertas de artículos científicos publicados por investigadores españois nas revistas de impacto internacional, pasando por reportaxes e entrevistas solicitados polos propios xornalistas, unha galería de imaxes en alta resolución ou material científico en formato multimedia.
Co nacemento do SINC cúbrese a demanda dunha fonte de información científica de calidade reiteradamente manifestada por parte dos medios de comunicación. Os profesionais destes medios poderán subscribirse ao SINC e recibirán os contidos producidos pola plataforma en diferentes formatos.
Os contidos elaborados polo equipo do SINC, formado por xornalistas e investigadores, teñen unha licenza Creative Commons , e poden reproducirse total ou parcialmente, sempre e cando se cite a SINC.
