Mancomún

Curso de edición de imaxes en GIMP

Mércores, 23 Abril 2008

GIMPO Concello de O Grove, a través da Rede de dinamización, impartirá un curso de edición de imaxes en GIMP a partir do vindeiro 20 maio.

O obradoiro, de acceso gratuíto e cunha duración de 12 horas, orientarase a dar a coñecer o contorno do programa de edición de imaxes máis popular de software libre, o GIMP.

Este curso poderá realizarse, por aqueles que o desexen, con software en galego grazas á labor de tradución realizada, o pasado mes de xaneiro, por Mancomun.org en coordinación oficial co proxecto Trasno . Este traballo realizouse a través do Entrans de Mancomun.org e está dispoñible no repositorio oficial do GIMP (na páxina de tradución de GNOME ).

Para inscrición e consulta de horarios do curso deberá dirixirse á Rede de dinamización .

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal