ModSecurity (Open Source Web Application Firewall) é un módulo de Apache que permite a detección e prevención de intrusos nun servidor web Apache.
As aplicacións web son vulnerables a ataques (sql injection, XSS, command injection, buffer overflows, …) que poden comprometer os datos e a dispoñibilidade do servizo.
O funcionamento de ModSecurity é similar ao dun Sistema de Detección de Intrusos (IDS) o cal é utilizado para analizar o tráfico de rede co fin de detectar anomalías, pero coa diferenza que este traballa no nivel de HTTP. Grazas a isto pode facer cousas que son simples desde o punto de vista do protocolo HTTP, pero moi difícil para un IDS clásico.
Dende a páxina de ModSecurity está dispoñible a documentación e artigos que explican o seu funcionamento e configuración.
