A aplicación KryoMol é unha ferramenta para a visualización de información química, desenvolvida dende o ano 2003 polo Dr. Armando Navarro, actualmente investigador Parga Pondal na Universidade de Santiago de Compostela. Esta aplicación permite visualizar formatos populares como pdb, mol ou Gaussian. Ademais tamén soporta tamén a visualización de programas de uso mais restrinxido como poden ser ACESII ou NwChem.
Unha das características máis destacadas e a capacidade de obtención de distintos tipos de espectros teóricos de infravermello ou ultravioleta-visíbel en formato JCAMP-DX a partir de cálculos mecano-cuánticos. Finalmente, KryoMol dispón dun visor básico de espectros de RMN monodimensionais así como soporte parcial para ficheiros JCAMP-DX.
KryoMol trata de explotar ao máximo as tecnoloxías de KDE como KParts, que permite a integración do programa dentro de outros programas como o navegador Konqueror, a transparencia de rede que permite acceder, por exemplo, a ficheiros localizados en servidores remotos do mesmo xeito que se estivesen no disco duro local, ou a xeración de thumbnails tanto de estruturas moleculares como espectros de RMN.
A última versión dispoñible do programa é a 0.6.6. Na seguinte versión que aparecerá en breve KryoMol funcionara tamén en sistemas MacOSX coa axuda do sistema fink. O seu desenvolvedor nos indica que agarda poder facer a transición ao novo escritorio KDE4 durante o ano 2009.
