![]()
Esta realidade confírmase unha vez que a Consellería de Cultura e Deporte vén de facer público o procedemento, por concurso aberto , para o contrato de subministración de equipamentos informáticos para as bibliotecas públicas de Galicia.
Deste xeito, os ordenadores para uso público traballarán coa última versión da distribución de GNU-Linux Ubuntu e todos os terminais, independentemente do seu uso interno ou externo, deberán vir co paquete de oficina libre OpenOffice.
A presentación de ofertas ao concurso permanecerá aberta ata o vindeiro día 10 de maio. O prego de prescripcións técnicas para o mesmo está accesible na sección de contratación administrativa da páxina web da Xunta .
