Mancomún

Curso de iniciación á informática con Linux en Cuntis

Xoves, 28 Agosto 2008

RedeA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso de iniciación á informática con Linux no Concello de Cuntis.

O obradoiro, dirixido pola dinamizadora Tamara Salvadores, tratará de achegar a todos os asistentes os criterios básicos de uso deste sistema operativo de tecnoloxía aberta.

A duración do curso será de10 horas, as cales se impartirán en horario de 10 a 12 da mañá no Centro da Rede de Dinamización da ran. As clases darán comezo o día 8 de setembro e continuarán até o 17 do mesmo día, desenvolvéndose os luns, mércores e venres.

 

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal