Mancomún

Curso de "Introdución a Octave, software libre de cálculo numérico" en xuño, no campus de Vigo

Venres, 24 Abril 2009

OctaveA Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente do profesorado, anuncia que mañá mércores 22 de abril ás 17:00 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso "Introdución a Octave, software libre de cálculo numérico" que se realizará no campus de Vigo no mes de xuño.

Hai 20 prazas dispoñíbeis para o curso, que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición e está destinado a todos os profesores e profesoras da  Universidade de Vigo.

O curso celebrarase os días 22, 23 e 24 de xuño de 10:00 a 14:00 e o 25 de xuño de 10:00 a 13:00.

Curso engadido á nova Axenda de Actividades de Mancomún: http://www.mancomun.org/actualidade/calendariodeactividades/vistamensual/ Os obxectivos do curso perseguen introducir aos participantes no uso do software libre, aprender a utilizar o contorno gráfico QtOctave, coñecer os fundamentos de Octave e aprender a manexar o código Octave.

Dispoñíbel máis información do curso no enderezo:
http://apv.uvigo.es/cursos/Octave

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal