Durante os días 11 e 12 de setembro, de 10:00 a 12:00 h. na aula de informática de Bertamiráns (Praza de Chavián s/n), celebrarase un curso de mensaxería instantánea co programa Pidgin (antes coñecido coma Gaim) orientado a poboación en xeral.
O curso terá unha duración de 4 horas e será impartido pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
Curso engadido á “Axenda de Eventos” de Mancomún
Recordamos tamén que desde o noso Wiki podedes acceder ao “Manual de Pidgin de Mancomún“.
Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea, que funciona cos sistemas máis comunmente usados, incluíndo:
- AOL Instant Messenger (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
- Gadu-Gadu
- Google Talk unicamente mensaxería instantánea (usando o protocolo Jabber)
- ICQ (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
- Internet Relay Chat
- Jabber
- Lotus Sametime
- MSN Messenger
- Novell Groupwise
- OpenNAP
- SILC
- Yahoo! Messenger
- Zephyr
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
