Mancomún

Curso de Writer en Pontevedra

Xoves, 31 Xullo 2008

Rede de DinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso de Writer no Concello de Pontevedra co obxectivo de impartir os coñecementos básicos de iniciación no procesador de texto libre da suite ofimática OpenOffice.org.

O obradoiro terá unha duración de 6 horas distribuídas en tres días en horario de 11.00 a 13.00 horas. Concretamente, será o luns, mércores e venres na semana do 22 ao 26 de setembro.

O curso terá lugar no Centro da Rede de Dinamización da S.I. De Monteporreiro e dará prioridade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión. Para maior información, os interesados poden contactar coas dinamizadoras, Cristina Conde Escaloni e Ana María Pérez Martínez.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal