Mancomún

Liberada a versión 6.5 do Escritorio movistar para Linux

Xoves, 31 Xullo 2008

Xa está dispoñible a versión 6.5 do Escritorio movistar Linux, a aplicación aberta de conectividade 3G de movistar:

http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar

Entre as principais novidades desta versión destacan:

  • Soporte das novas distribucións de Fedora 9, openSUSE 11.0 e Ubuntu 8.04 (Hardy).
  • Integración de novos dispositivos 3G: Huawei E619/E180, Novatel MC950D y Sierra Apex 880.
  • Integración co servizo Copiagenda de movistar.
  • Novas facilidades para o control e monitorización do tráfico de datos.
O Escritorio movistar é unha aplicación que permite xestionar as conexións e acceder en mobilidade a varios servizos de datos e realizar conexións desde múltiples dispositivos como portátiles, PDA, etc. mediante o teléfono móbil.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal