Non hai moito tempo, Marc Fleury fixo público coa súa nova empresa, un proxecto de código aberto para domótica chamado OpenRemote. Marc descríbeo coma “unha comunidade aberta o campo da Domótica”, que “promove os estándares abertos, a colaboración aberta, e liberar as implementacións neste campo”.
Fleury insiste en que o que fai OpenRemote diferente doutros sistemas de automatización é que se centra unicamente no software. Para axudar aos usuarios que queren utilizar o sistema OpenRemote na súa propia casa, el e a comunidade de OpenRemote veñen de publicar unha lista de materiais e outras referencias para axudar no proceso de deseño, construción e implementación.
Se o desexas podes inscribirte nos foros e participar no proxecto, ou simplemente aprender un pouco máis sobre o sistema no sitio web oficial.
