Mancomún

Delegación Galega na Conferencia Internacional de Software Libre – 2008

Luns, 16 Xuño 2008

 

Logo CISL

 

A Conferencia Internacional de Software Libre terá lugar, este ano, en Málaga (Andalucía) entre os días 20 e 22 de outubro de 2008. 

Nesta edición existe a vontade de reforzar a presenza galega dado o recoñecemento e as expectativas que está a espertar en Europa o modelo galego de promoción de Software Libre e dos estándares abertos. Con este propósito, e de igual forma que en anteriores edicións, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información encoméndalle ao Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordinación desta delegación galega.

Por isto estendemos ao conxunto da comunidade galega do Software Libre o chamamento para a participación neste evento.

A data límite para o envío de relatorios, obradoiros e demais actividades é o 30 de xuño, polo que cómpre comezar a xestión da nosa participación. Para isto, creamos unha páxina no wiki de Mancomún para a coordinación da delegación galega na Conferencia Internacional de Software Libre.

Xa que os tempos son moi xustos, debemos acelerar ao máximo a coordinación e pregámosvos que encamiñedes as vosas propostas a través do enderezo de correo electrónico eventos @ mancomun . org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal