Mozilla Labs vén de poñer dispoñible na rede o código fonte, varias captura de pantalla e unha demostración online do seu próximo navegador para móbiles, denominado Fennec.
Este navegador, que se pode executar en Linux, estivo en desenvolvemento dende o pasado ano e utiliza o mesmo código empregado polo Firefox 3 para computadores de escritorio.
