Mancomún

Turquía prepara ao persoal docente para o ensino de Software Libre aos estudantes de secundaria

Venres, 13 Xuño 2008

Seiscentos profesores turcos aprenderán, a partires do vindeiro mes de setembro, a formar aos seus estudantes para o uso do Software Libre. O persoal do Ministerio de Educación turco acaba de rematar un curso de tres meses de duración co fin de afrontar efectivamente este obxectivo.

Este proceso de capacitación forma parte do proxecto europeo “Fortalecer o sistema educativo e vocacional” (Megep) iniciado a comezos de ano polo organismo turco e dotado con 58 millóns de euros. 

O ministerio turco estivo traballando durante preto dun ano na preparación do material do curso, cuxa versión final foi publicada a finais de maio. O obradoiro baséase no uso de Pardus , a distribución turca de GNU/Linux. Durante un período de tres meses, os docentes recibirán ao redor de noventa horas de formación co propósito de prepararse para a docencia a estudantes de secundaria de 16 e 17 anos en materia de SwL.

A iniciativa afrontarse, inicialmente, na cidade de Estambul de forma piloto con 75 profesores, aos que sucederán outros 525 mestres na cidade.

O ministerio agarda que estes seiscentos profesores acaben por estar capacitados para ensinar a materia os preto de 30.000 estudantes de secundaria. O curso sobre o uso de Software Libre está prevista para o ano escolar 2009 – 2010.

Este curso orientado á escola secundaria é o segundo proceso de formación en materia de SwL desenvolvido como parte de Megep. En novembro do ano pasado o ministerio comezou a difusión de material didáctico para ensinar aos estudantes de escolas primarias de 11 anos e 12 como instalar e utilizar Pardus GNU / Linux.

 Fonte: IDABC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal