Os traballos coordinados por Mancomún para a versión oficial de Firefox 3 en galego evolucionan favorablemente
Xa pode descargarse a segunda «release candidate» de Mozilla Firefox 3. A publicación desta versión adiantouse dous días, segundo o previsto, o que indica que os desarrolladores (e probadores) de Mozilla traballaron intensamente. Co cal, e se non se atopa ningún bug importante (ata o momento parece que non hai ningún tan grave como na versión anterior), é máis que probable que Firefox 3 RC 2 sexa finalmente a versión final que estamos esperando.
Os bugs, como lles comentamos anteriormente, foron solucionados case na súa totalidade fai máis dunha semana, e aínda que ningún comprometía a seguridade do usuario, si complicaba o funcionamento de Firefox.
Aqueles usuarios que usen a RC 1 apareceralles un aviso, dentro das próximas 48 horas, anunciándolles da actualización.
O resto de melloras e novas características de Firefox 3 xa foron comentadas en anteriores artigos. Recordamos que estas versións non son finais e só son para probar e informar de erros de face a mellorar a versión final.
