Un estudo analizando en profundidade o significado e a evolución do movemento social do Software Libre está accesible dende hai uns días na web de Galite.org.
Francisco Fernández Castrillón presentou este traballo para a facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e agora pon a disposición de toda a comunidade, para o seu uso e coñecemento, o documento do estudo e a presentación que realizou para o mesmo.
Fonte: Galite.org
