Mancomún

Ciberirmandade da Fala fai un chamamento para a tradución de SOBI2

Luns, 9 Xuño 2008

sobi2A CiberIrmandade da Fala vén de engadir o SOBI2 no traduCIF para a sua tradución pola comunidade. SOBI2 (Sigsiu Online Business Index 2) é un compoñente, modulo e plugin para Joomla! 1.0 que funciona en 1.5 e que facilita a xestión de directorios ou anuncios (de calquera clase, incluídos comerciais).

Dende a asociación convidan a participar na tradución deste compoñente por consideralo moi positivo para a normalización da lingua, dadas “as suas características, e o seu potencial uso no mundo empresarial que tanto precisa galeguizarse”.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal