Dynpres (Dynamic Slides Presentation) é un software que permite automatizar presentacións para paneis informativos. O sistema traballa en modo desatendido recuperando información de sindicadores RSS, páxinas web, gráficos e outras fontes, xerando un PDF cada 5 minutos coas diapositivas da presentación.
Dynpres foi desenvolvido por Manuel Morán empregando LaTeX Beamer e a linguaxe bash. Nun vídeo publicado en youtube amósase o sistema funcionando no recibidor principal do IES Chan do Monte.
O código fonte está baixo licenza GNU/GPL e pódese descargar dende a forxa.
Para máis información do proxecto consultar a seguinte ligazón:
