Mancomún

Edición de PDF en OpenOffice.org

Mércores, 11 Xuño 2008

Sun acaba de publicar a primeira versión Beta da extensión para OpenOffice.org 3 que permite a edición de ficheiros PDF dentro dos programas da suite Draw e Impress. Desta maneira presérvase a maquetación dos PDF que se importan permitindo unha edición polo de agora básica dos textos (aínda non importa os formatos de PDF para formularios).

A extension tamén permitirá habilitar a exportación a formatos PDF híbridos, que ven sendo un formato PDF pero coa fonte orixinal do documento incluída como ODF.

Esta versión é unha primeira beta que require o OpenOffice.org 3.0 beta 2 para que funcione. A extensión pode descargarse desde a páxina de extensións do OpenOffice.org:

http://www.mancomun.org/images/stories/extensions_ooo.png
http://extensions.services.openoffice.org/project/pdfimport

 Premendo en “Ler máis” podedes ver unhas capturas de pantalla en funcionamento desta extensión…

http://www.mancomun.org/images/OOo3/openoffice3_pdf_import1.jpg
Xestor de extensións de OpenOffice.org 3
 
http://www.mancomun.org/images/OOo3/openoffice3_pdf_import.jpg
OpenOffice.org 3 editando o boletín de novas en PDF de Mancomún
 

Plataforma Descarga Detalles Data Tamaño
Solaris x86 Download extension 0.3-dev-Solarisx86 2008-Xuño-11 2.14 MB
Solaris Sparc Download extension 0.3-dev-SolarisSparc 2008-Xuño-11 2.34 MB
MacOS X Download extension 0.3-dev-MacOSX 2008-Xuño-11 1.03 MB
Linux Download extension 0.3-dev-Linuxx86 2008-Xuño-11 986.61 KB
Windows Download extension 0.3-dev-Windows 2008-Xuño-11 1.29 MB

 

 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal