Mancomún

Curso de introdución a Octave para a docencia na Universidad de Cádiz

Mércores, 11 Xuño 2008

Visto en Barrapunto:
“Durante os días 10, 11, 12 e 13 de xuño, a Oficina de Software Libre da Universidad de Cádiz (OSLUCA) realizará un curso de formación en GNU Octave, dirixido ao personal docente e investigador da universidade. No curso incluirase QtOctave, unha contorna gráfica desenvolvida pola propia OSLUCA. O obxectivo deste curso é formar aos profesores para usar este programa de cálculo científico con licenza libre sustituíndo a Matlab.”

Resaltar que, proximamente, o curso intensivo i-MATH de Software libre orientado a Ciencias e Ingeniería organizado polo nodo CESGA, orientado a investigadores, técnicos de empresas e alumnos de grao e Máster, centrarase na análise de paquetes de software libre moi testados e de gran difusión no contexto académico e que van dende software matemático básico até software máis avanzado con orientación cara a Matemática Discreta, a Estatística, o Deseño Asistido por Ordenador ou a Simulación Numérica de diversos procesos físicos que poidan chegar a acoplarse entre eles…

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com/softlibre/08/06/09/1815202.shtml

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal