A Universidad Pedagógica Nacional (UPN) e a Subsecretaría de Educación Media Superior (SEMS) a través da Coordinación Sectorial de Desarrollo Académico (CoSDAC) de México están a traballar nun interesante proxecto para impulsar a mellora dos docentes mediante a creación dunha ferramenta TIC que lles permita coñecer e desenvolver material docente.
Trátase dun dvd-vivo baseado en Ubuntu con Moodle e o software da Wikipedia instalados e preparados para seren usados.
Deste xeito, cando se arranca o computador dende o DVD, o usuario poderá, sen necesidade de instalar nada, comezar a desenvolver contidos educativos sen precisar conexión á Internet. Ademais, é posible que logo de rematado o traballo poida gardarse nunha partición NTFS de Windows para recuperalo automaticamente cando se volva reiniciar o equipo co DVD.
Na web do
proxecto Moodle dvd-live pódense ler con máis detalle as características do proxecto así como descargar a iso do DVD, aínda que a descarga pódese facer máis rápida dende este outro
mirror.