Os documentos con formato aberto Opendocument (ODF) teñen dende hai uns días novo distintivo para a súa identificación. Despois das diversas propostas presentadas dende principios de ano, está xa dispoñible unha versión oficial de ODF.
A Comisión de adopción OASIS ODF presentou o novo logotipo co propósito de ofrecer unha imaxe homoxénea a través dun deseño sinxelo, reconocible e libre, o cal “pon de manifesto a solidariedade da comunidade ODF en todo o mundo”. O logotipo está baseado nun deseño de Red Hat cunha adaptación do símbolo OASIS creado por Sun.
A pomba que nel aparece é adaptable a sinais de formato apaisado, camisetas, webs, presentacións gráficas… Ademais, o logotipo permite incorporar un eslogan opcional “Liberate Your Documents”, que pode ser traducido a calquera outra lingua.
A comunidade ODF convida a calquera persoa que apoie o formato a descargar e a usar o logotipo sen coste ou restrición. Iso si, adaptándose as liñas establecidas polo manual de uso).
