Mañá dará comezo un curso de Construción de Páxinas Web con Nvu no Barco de Valdeorras. Este curso é organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o Centro Comarcal de Valdeorras, en colaboración con Mancomún.
O curso terá unha duración de 40 horas, que se impartirán dende o día 11 até o día 8 de xullo, de luns a venres en horario de 20:30h a 22:30 horas na Academia Epsilon, rúa Eloy Rodríguez 57 – Baixo (fronte á Estación de Renfe).
Con esta actividade preténdese que os/as asistentes adquiran uns coñecementos necesarios para deseñar o espazo web dunha empresa e colocalo en Internet, achegando á poboación o emprego de ferramentas de software libre coma alternativa viábel ao uso de software privativo.
Mais información: Rede de dinamización