Mancomún

A Enciclopedia Británica réndese á evidencia do traballo colaborativo

Martes, 10 Xuño 2008

BritannicaDespois de criticar o modelo colaborativo da Wikipedia, a Enciclopedia Británica estrea un sistema para que sexan os propios usuarios os que poidan crear contidos.

O novo sistema permitirá colaborar na xeración de contidos, pero a diferenza da Wikipedia non se converterá en nun proceso democrático. Os usuarios que queiran contribuír coa mesma deberan crear un perfil no que detallen os seus estudos e coñecementos sobre a materia que queren comentar. Só entón poderán engadir comentarios ás entradas da enciclopedia ou escribir eles mesmos unha entrada.

Posteriormente o contido será revisado polos editores e, no caso de que crean que estes merecen a pena, serán engadidos ao artigo principal.

Engadirase a firma do autor, pero non haberá retribución económica. O procedemento, en principio, carece de grandes incentivos para a participación desinteresada dos colaboradores.

Máis información

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal