Mancomún

Xornadas de GNU/Linux e Cultura Libre en A Coruña

Martes, 10 Xuño 2008
As asociacións Olholivre, CSA Atreu e a Casa das Atochas organiza ao longo desta e da vindeira semana unhas xornadas para a difusión da cultura libre. Neste encontro inclúese como unha das temáticas de relevancia o Software Libre, o cal estará presente a través de diversos obradoiros de introdución ao eido das tecnoloxías libres.

Concretamente, inclúese no programa un seminario de iniciación GNU/Linux, un de iniciación ás ferramentas de deseño gráfico Inkscpae e Gimp, así como outros encontros de debate e reflexión entorno ao mundo das licenzas Creative Commons, do Copyleft e termos parecidos.

As charlas e obradoiros terán lugar no CSA ATREU (Travesa San José, 2, As Atochas, Montealto). O cartel do programa pode consultarse nesta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal