Mancomún

En decembro celebraranse as 4as Xornadas internacionais de gvSIG en Valencia

Xoves, 12 Xuño 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/gvsig_150.gifValencia será a sede das 4as xornadas internacionais de gvSIG, organizadas pola “Conselleria de Infraestructuras y Transporte” (CIT) e que terá lugar a primeira semana de decembro de 2008 (concretamente do 1 ao 5), e na que se celebrarán ademais conxuntamente o encontro OGC (Open Geospatial Consortium) e o Eclipse Day co triplo obxectivo de consolidarse como o for de referencia de SIG libres,  de servir de marco para a definición de estándares abertos e interoperables dentro dos SIG e de converterse nun encontro para compartir experiencias con comunidades FLOSS. Así mesmo, perséguese potenciar a vertente internacional do proxecto gvSIG abrindo as portas á participación de empresas e institucións de Latinoamérica e do resto do mundo…

gvSIG é unha ferramenta para a xestión territorial con licencia GPL, multiplataforma e que está traducida a varios idiomas, entre eles ao galego. Caracterízase por unha interfaz amigable e soporta os formatos máis usuais, tanto ráster como vectoriais.
 
Ten moitas funcionalidades xa implementadas. No proxecto fíxose un especial fincapé na súa extensibilidade de forma que os posibles desenvolvedores poidan ampliar as funcionalidades da aplicación facilmente, así como desenvolver aplicacións totalmente novas a partir das librerías utilizadas en gvSIG, sempre e cando cumpran a licenza GPL.
 
Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com/softlibre/08/06/11/157206.shtml
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal