Mancomún

Concurso de programas de Software Libre organizado por SourceForge.net

Xoves, 12 Xuño 2008

A central de desenvolvemento SourceForge.net organiza unha nova convocatoria do concurso de programas de Software Libre SourceForge.net Community Choice Awards, tanto para proxectos de SourceForge como para os alleos.

A convocatorio atópase en fase de nominación e calquera usuario pode propoñer proxectos para a súa inclusión na votación.

As categorías dos premios son as seguintes:

  • Mellor proxecto
  • Mellor proxecto novo
  • Mellor proxecto para a empresa
  • Mellor proxecto para educadores
  • Mellor proxecto para multimedia
  • Mellor proxecto para xogos
  • Mellor ferramenta ou utilidade para administradores
  • Mellor ferramenta ou utilidade para desenvolvedores
  • O que máis probablemente cambiará o mundo
  • O que máis probablemente será acusado ambiguamente de infrinximento das patentes.
  • O que máis probablemente conseguirá que os seus usuarios sexan demandados
  • O que máis probablemente será a vindeira compra multimillonaria.

 Fonte: Sourceforge.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal