A S.A.X. CESGA convoca dúas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. En concreto as prazas publicadas son:
Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas.
Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar correctamente o apartado de “Documentación a presentar obrigatoriamente” de cada unha das ofertas.
Oferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún…
As funcións para cada un dos postos serán:
TÉCNICO DE TRADUCIÓN E ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO
-Liderar os proxectos de localización ao galego do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
-Realizar actividades encamiñadas ao establecemento dunha metodoloxía de tradución de Software Libre baseada nos estándares da comunidade de profesionais da tradución.
-Comunicación cos distintos axentes involucrados nas comunidades de desenvolvemento e tradución do Software Libre.
-Colaboración en actividades de difusión do Software Libre.
-Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.
TÉCNICO EXPERTO EN SOFTWARE LIBRE
As funcións para este posto serán:
– Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de Mancomun.org.
– Colaboración en actividades de difusión do Software Libre incluíndo labores de dinamización da Forxa.
– Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.
Máis información nas ofertas completas.
