Un ano despois da publicación de Debian GNU/Linux 4.0, versión estable denominada ‘etch‘, e case tres anos desde o lanzamento da 3.1, chamada ‘sarge‘, o soporte para esta última finaliza ao rematar o presente mes de marzo. O anuncio foi feito por Joey Schulze, recomendando tamén aos usuarios que migren á ‘etch’.
A última actualización da versión estable, foi publicada a mediados de febreiro, e a seguinte versión (4.1, ‘Lenny‘) espérase para finais de 2008 ou comezos de 2009…
Máis información na fonte da nova:
http://barrapunto.com
