Mancomún

Novo blogue adicado a comunidade do Software Libre, OStatic

Martes, 4 Marzo 2008
A rede de blogues de GigaOM acaba de pór en marcha un proxecto interesante: un blogue enteiramente dedicado aos proxectos de código aberto que existen en todo o mundo e que dará boa conta de como avanza un mercado cada vez máis importante.

O blogue foi bautizado co nome OStatic, e nel poderemos atopar noticias relevantes dos máis de 150.000 proxectos de código aberto que existen actualmente no mercado. As adquisicións millonarias dos últimos tempos (JBoss por Red Hat, ou MySQL por Sun) demostran que este segmento está atraendo intereses moi importantes tanto da industria como dos usuarios.

 

No blogue ademais poderemos atopar unha listaxe con eses 150.000 proxectos Open Source, clasificados en diversas categorías e con descricións individuais de cada un deles que inclúen enlaces ás súas páxinas oficiais de desenvolvemento e ata a alternativas Open Source con esas prestacións.

Fonte: Theinquirer.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal