Mancomún

Xtrelan 2008, segunda edición desta party extremeña do 7 ao 9 de marzo en Cáceres

Martes, 4 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/xtrelan08.jpg A Campus Party “Xtrelan 2008” pretende reunir en Cáceres, do 7 ao 9 de marzo, a máis de 300 amantes da informática, entre estudantes e afeccionados. A party está organizada polo vicerreitorado da Universidade de Extremadura e o consello de alumnos da “Escuela Politécnica de Cáceres”.

De entre todas as actividades destaca as actividades para os usuarios de Linux, talleres de Linux e Linex, hacking e seguridade, taller de robótica, … En total impartiranse unhas 30 horas lectivas. Os participantes non só terán a oportunidade de participar nunha actividade de ocio alternativa e saudable, senón tamén de conseguir dous créditos pola participación nos talleres e charlas organizados…

 

Ademais, tamén contará cun relatorio dunha empresa especialista en seguridade e auditorías de seguridade informática, que fai pouco presento o seu proxecto SG6 Labs, un medio público e libre, destinado á difusión da investigación e desenvolvementos levados a cabo en SG6. O primeiro dos proxectos publicados é SecGame, adicado á xeración de contornos virtuais de intrusión, que no seu primeiro día de vida alcanzou a portada dun dos máis prestixiosos medios informativos sobre privacidade e seguridade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal