Mancomún

Complemento do gedit para procurar no servizo Open-tran

Martes, 4 Marzo 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/opentran-logo.png Open-tran é un servizo que permite facer buscas vía web de cadeas de cadeas de texto en memorias de tradución. Este tipo de servizo permite garantir a consistencia léxica procurando os textos desexados noutros proxectos que xa están traducidos.

O complemento permite facer as procuras directamente no servizo Open-tran dende o panel lateral do gedit sen ter que cambiar de aplicación facilitando deste xeito o traballo dos tradutores. O código fonte do complemento está dispoñible na forxa de Mancomun.org grazas ao traballo de Ignacio Casal.

 

Pantallazo do complemento Open-Tran para gedit

Pantallazo do complemento en funcionamento

Na forxa tamén está dispoñible outro complemento de Ignacio Casal que permite dispoñer do diccionario de gnome no gedit.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal