PlaneShift é un MMORPG (xogos de rol multixogador masivo en liña) en 3D que nos traslada a un mundo subterráneo cheo de seres fantásticos. Facía tempo que non había cambios de transcendencia neste xogo, agora foi publicada a versión 0.4.00, cuxa lista de novidades é moi extensa.Está feito baixo licenza GPL e para diferentes plataformas. Temos aquí algunhas novas características:
- Agora todas as opcións, logs, capturas de pantalla, etc, son gardados no directorio persoal do usuario, dependendo do seu sistema operativo. En Linux sería “/.PlaneShift”.
- Engadido o comando de “presentación”. Por defecto, un personaxe non coñece a ningún outro (salvo os NPCs).
- Novo sistema de actualización, aínda que por agora non dispón de interface gráfica.
- Engadidos os libros públicos, os cales poden ser editados por calquera e ter múltiples autores. Os libros poden ser gardados en ficheiros ou escritos a partir dun ficheiro de texto.
- Engadiuse un novo monstro, o Velnishi.
- Mellorouse a interface de usuario.
- Engadidas novas zonas a explorar, misións, libros e NPCs.
- Realizáronse varias melloras no motor e agora utilízase como basee a versión 1.2 de Crystal Space.
- Realizáronse algunhas melloras no sistema de movemento e nos combates, por exemplo a inclusión dun rango de ataque para as armas, para poder atacar cunha daga hai que estar máis cerca do obxectivo que utilizando unha lanza.
- Corrixíronse numerosos erros e realizáronse outras pequenas melloras.
Web Oficial: PlaneShift
Fonte: Linuxjuegos.com
