A Rede de Dinamización, en colaboración co Concello de Cuntis, durante as semanas do 10 ao 14 e do 24 ao 28 de marzo, porá en marcha os primeiros obradoiros de iniciación ao computador na aula P.A.S.I. do Centro Ocupacional de Cuntis.
Tratarase de obradoiros de 10 horas de duración, desenvoltos de luns a venres en dúas quendas, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Cos mesmos, preténdese capacitar aos asistentes con aquelas habilidades e coñecementos básicos que lles permitan acender un computador, apagalo e manexarse de forma áxil e autónoma con Software Libre usando o contorno de escritorio Ubuntu 7.10…
Visto na páxina da Rede de Dinamización:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Evento engadido á “Axenda de Eventos de Mancomun.org“.
